ENTREGA DE FIRMAS Á FISCALÍA
Lectura automática do escrito feito por Miguel Quinteiro,dirixido a fiscalía anticorrupción, e presentado na fiscalía en Ourense:
http://www.youtube.com/watch?v=j_plXAvdsR8&feature=youtu.be
Primeira entrega de firma á fiscalía.
http://www.youtube.com/watch?v=5crWEZTj8cA&feature=endscreen&NR=1
Segunda entrega de firmas á fiscalía.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Vtg6p3FHqBY
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1177638
http://www.finanzas.com/noticias/economia/20120528/presentan-fiscalia-ourense-firmas-1387265.html

Banca Pública Galega?.
Xusto o que vimos de pedir estes últimos meses, a nacionalizacíon das caixas para facer unha banca pública, foi presentado hoxe como proposta no Parlamento de Galicia. Sairá adiante?. Esperemos que si!!. Independentemente da cor política que a propoña, é unha medida necesaria, sempre que a súa xestión sexa plenamente democrática, e no serva para pagar favores, como foi nas caixas. A banca pública ten que ser democrática, ou non será!!.
Charla de Xavier Vence sobre banca pública, o pasado día 25
O pasado día 25 Xavier Vence, catedrático de economía da USC, deu unha charla na alameda compostelana sobre a necesidade dun sistema financeiro público, durante o día de Acción pola Banca Pública organizado pola PAP. Deixámosvos eiquí o enlace ó podcast, para que o difundades como a ferramente de educación popular que é. Moitas grazas!
Charla de Xavier Vence sobre Banca Pública
Simiocracia
Video
Un pouco de información amena sobre o que está a pasar. Aínda que o papel dos mercados internacionais non recebe a atención que merece (de feito foi a banca alemana a que deu os cartos para a nosa burbulla), non debes perder este vídeo.
Crónica dunha morte anunciada
Esta semana espertámonos coa nova, non por esperada por nós menos impactante: Novagalicia Banco entra en perdas, e agora ser mercada nunha puxa é a primeira opción. Dende a Plataforma polo Aforro Público vimos vaticinando que o futuro das caixas bancarizadas non é mais que este: ser absorbidos pola gran banca privada, nunha operación que é de onte, senón que era xa un vello proxecto, anterior á crise.