No artigo que pegamos a continuación, un compañeiro da Plataforma polo Aforro Público plantexa unha alternativa á privatización das caixas: que o Concello ou Diputación cree outra nova.
¿Por qué?. Pois porque necesitamos unha institución financieira que sirva á sociedade, dando crédito a baixo prezo para manter a actividade económica, fomente o emprego, servicios sociais de calidade, e de un uso social ós nosos cartos, evitando que sexan destinados para alimentar a especulación financieira. Neste senso, unha caixa de aforros propia pode axudar a revertir a situación actual.
Pero obviamente, o que necesitamos é outro tipo de caixa. Unha das mentiras mais empregadas hoxe en día para privatizar as caixas é confundir o que foi un modelo de entidade financieira moi exitoso e que fixo moito ben coa xestión dos últimos anos. Esta foi penosa, antidemocrática, escura e chea de erros interesados, que temos que coñecer (de aí que tamén pidamos que se investigue a xestión das caixas, polas súas nefastas consecuencias). Pero isto non invalida o modelo das caixas, extendido por todo o mundo e que compre recuperar para a cidadanía, dun xeito adecuado: con mais democracia interna, con prácticas de negocio controladas pola cidadanía e que servan só a esta, con transparencia, e cuns xestores que se deban á finalidade social das caixas. Simplemente, ante a crise das caixas, apostamos polo contrario do que fixo o governo, incitado pola banca: en vez de acabar con elas e entregalas ó capital privado, apostamos por rexeneralas, e poñelas a traballar por un sistema económico mais democrático e xusto. E para iso, precisamos da túa axuda e apoio.
——————————————————————————————————————–
O próximo día 17 de xuño cúmprese o 131 aniversario da aprobación por ese Excelentísimo Concello de Vigo dos estatutos da “Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo”, creada por ese concello baixo a súa protección e garantía.
A historia da nosa caixa está a piques de rematar da peor maneira, que é a súa desaparición total, xa que un banco xamais será unha caixa de aforros.
Paréceme que non é preciso entrar en detalles respecto das consecuencias que dita perda supón, xa que son dabondo coñecidas e suporía entrar nunha discusión sobre as complexas causas do ocorrido (aínda non ben debatidas), o que non é o motivo deste escrito.
Pero sí me parece oportuno propor que, por parte dese concello, aprovéitese a efemérides para facer unha homenaxe os persoeiros que a fixeron posible, así como unha revisión das causas que a fixeron fracasar, das que todos, dalgunha maneira, somos responsables.
E para que? Parece evidente que as razón son obvias, pero eu quero engadir unha máis.
Ao longo da historia é necesario recoller as boas experiencias para aprender a planificar o futuro. As causas económicas e sociais que xustificaron a creación da caixa de aforros naquel intre persisten no presente. Así pois, por que non tentalo de novo?
Posto que nos deixaron sen a nosa CAV, veño propor que a corporación municipal de Vigo inclúa nos seus debates a creación dunha comisión que estude e valore as posibilidades de constituír unha nova caixa municipal. E non o fago desde unha perspectiva localista, pois penso que o mesmo exemplo pódese aplicar noutras cidades galegas.
A eficacia da estratexia das finanzas xestionadas desde unha planificación global estaría garantida si se recuperase tamén a Federación de Caixas Galegas, en colaboración coa Xunta, así como a Confederación de Caixas Españolas (que ata fai pouco representaban a máis do 50% dos recursos financeiros do país).
Miguel A. Quinteiro Núñez