A mentira da fusión das caixas

A fusión das caixas non era algo inevitable nin necesario. Nesta entrevista, o economista Xavier Vence desmonta os argumentos interesados, entre eles os do Banco de España, defensor acérrimo dos intereses privados, que promoveron esta fusión. O que necesitamos non é unha caixa única, senón un sistema de caixas cun tamaño adecuado ó seu territorio de implantación, cun sentido ético e solidario da súa actividades. Nin mais, nin menos.

Seguir lendo

¿Por qué son millores as caixas de aforro que a banca privada?

Neste estupendo artigo, o proofesor Vincenç Navarro mostra con datos porqué as caixas de aforro son millores, social e económicamente, que a banca privada. Datos que contradicen o discurso dominante, exercido dende os mass media, que afirma que as caixas son ineficientes e por iso deben de ser privatizadas, xa que a xestión privada é millor. Mentiras interesadas que a brutal crise actual, orixinada precisamente no sector financieiro privado, desmonta de xeito demoledor. Non vos deixedes enganar, e apoiade e difundide estes datos,  porque unha cidadanía consciente precisa de datos e verdades, e non de manipulación informativa.

Seguir lendo

As caixas de aforro, un codiciado botín

A bancarización das caixas de aforro non é unha cuestión casual, nin está motivada pola crise. Responde a unha política consciente, pero oculta, do gran capital financieiro para facerse cos aforros de todos e todas, e usalos no casino financieiro e especulativo. Por iso, defender un sistema financieiro público  e social, que exemplificaban as caixas pese as súas eivas e falta de democracia internas (promovidas por escuros intereses dentro e fóra das mesmas) e tamén traballar por un novo sistema económico que poña ás persoas por riba dos beneficios. Deixámosvos un artigo de fai anos, no que se advirte xa, moito antes da crise, das maniobras que se estaban a realizar para apoderarse das caixas, que son un codiciado botín.

Seguir lendo

Presentación da Plataforma polo Aforro Público

¿Quen somos?.
Somos un grupo de cidadáns e cidadás profundamente preocupados polo expolio que se está a realizar a todos os galegos coa bancarización das caixas de aforros. Consideramos que non vai axudar a recuperar a economía galega, tan necesitada de crédito, senón todo o contrario: trasvasará recursos públicos e os cartos de todos á banca privada, responsable da crise, de xeito que os noso diñeiro irá ó negocio da economía especulativa e non á economía real, nun momento dunha
profunda seca de crédito que está a estrangular a actividade das PYMES.

¿Qué opinamos da bancarización das caixas?.

Consideramos tamén que o modelo de caixas de aforro segue a ser válido. A súa crise, en contra do que nos din, pode explicarse pola corrupción do sistema político e económico, no que os intereses de banqueiros e os seus amigos políticos vaciaron de contido democrático os órganos de dirección das caixas, e as forzaron a seguir unha dirección que agora demostrouse como catastrófica. Detrás, ocúltase o simple obxectivo de privatizar un sector que aglutinaba o 60% dos aforros dos españois. Sen embargo, pensamos que a solución non era bancarizar as caixas, segundo propoñen os economistas liberais do BdE, senón sanealas e convertilas no xérmolo dun sistema bancario ético, sostible e democrático, tal e como foron pensadas no momento da súa creación. En calquer caso, detrás do proceso de bancarización hai numerosas sombras e medias verdades que nunca foron explicadas a unha cidadanía orfa de información fiable e constratable.

¿Qué pedimos?.

– Solicitamos ás autoridades regulatorias e á xustiza que abran unha investigación sobre as posibles responsabilidades legais e penais dos directivos das caixas na súa nefasta xestión.
Tamén pedimos que se pronuncien acerca da legalidade na trasferencia de TODO o
patrimonio das caixas a unha banca privada.
– Xa que Novagalicia Banco está aínda capitalizada en mais dun 70% polo Estado a través do FROB, pedimos a súa nacionalización inmediata, para crear un xérmolo de Banca Pública con sentido ético e vocación social, instrumento indispensable para saír da crise.
– Pedimos unha auditoría pública do proceso de bancarización, na que poidan participar cidadáns e movementos sociais, e no que se poida comprobar que intereses actuaron e que decisións foron tomadas e por quen, de xeito que a cidadanía poida informarse dos motivos ocultos da desastrosa operación que estamos presenciando.
– Solicitamos ás autoridades políticas que inicien o proceso de creación dunha nova caixa de aforros, cuns estatutos que reforcen a democracia interna e o control cidadán, e cunha vocación social, como instrumento de aforro e crédito popular.