10 MARZO 2014 Carta a Juaquin Almunia Vice-Presidente, Comisario responsable de Competencia Comisión Europea Joaquín Almunia

– Vice-Presidente, Comisario responsable de Competencia Comisión Europea Joaquín Almunia
Estimado señor,
Como persoa afectada pola crise xurdida do poder omnímodo das entidades financeiras privadas, e vendo como non só non se corrixen os continuos abusos que deron orixe á situación actual, senón que se afonda no sometemento aos obxectivos de explotación por parte do devandito lobby, quero participar nesta petición de amparo, de forma individualizada pero coordinada con outras persoas por este ou outras canles.
E é que, ao parecer segundo escrito do Sr. xefe do seu gabinete, se pode esperar que por parte desa Comisión están dispostos a dar o visto e prace á operación de venda da entidade denominada “Nova Galicia Banco” (produto da fusión forzada das Caixas de Aforro galegas) a BANESCO, dando por feito que se axusta á normativa europea establecida polo T. F. da UE, sen que haxa ningún indicio dunha valoración das circunstancias e antecedentes da devandita operación, polo que desexo manifestar:
Que me considero co dereito e a obriga de achegar a miña opinión respecto á evolución dun proceso que, segundo o meu entender, vulnerou normas respecto á competencia entre entidades de servizos FINANCEIROS, nunha trama para controlar as tarifas aplicables, sobre a base da absorción, de forma revolta e desordenada, de entidades competitivas legalmente establecidas, arrebatando os seus patrimonios e destruíndo as súas estruturas de utilidade pública.
A venda efectuada non pode ser recoñecida como válida. Tanto a fusión entre ambas as dúas Caixas galegas (con oficinas en toda España) coma a súa posterior conversión en banco privado: foron decididas por uns órganos de goberno constituídos sen garantías democráticas, en representación de Clientes, traballadores e entidades fundadoras, aos que non se informou nin consultou sobre a auténtica situación das entidades, nin de posibles alternativas a aplicar. As evidencias máis destacadas da trama, na consecución de obxectivos espurios, son:
. Conivencia de financeiros e organizacións políticas para lexislar de forma en que a liberdade de circulación de capitais, as normas de boas prácticas bancarias, o control e revisión das operacións financeiras, se reconvertan en factores de especulación e dominio do mercado financeiro, mesmo en elementos de fraude fiscal.

. Vulnerar as normas de “libre competencia” nun “mercado cativo”, reconvertendo o que sería un Servizo Público, nunha pesada carga para as persoas e PEME, ao substituír ás Caixas de Aforro (que xestionaban sobre o 50% dos depósitos e dende unha perspectiva de servizo público) por un banco especulativo, grazas á complicidade de políticos e medios de comunicación

. Alterar as normas das Caixas, suplindo as directrices por recomendacións interesadas e así chegar a implantar maneiras e formas orientadas á especulación e explotación abusiva dos recursos financeiros, quebrantando a formación dos seus órganos de goberno, ao deteriorar os procesos democráticos.

. A liquidación de contratos de responsables da deriva das entidades, con pingües indemnizacións segundo acordos tomados en plena crise, evidenciando a intención de silenciar testemuños e gañar vontades.

. Os usuarios das Caixas perderon, coa conversión, a súa participación nos Órganos de Goberno da entidade, o que supón un claro prexuízo non compensado, agudizando os prexuízos causados por un espolio planificado.

. Non pedíronse responsabilidades aos electos para os Órganos de Goberno das Caixas, que optaron por introducir estratexias contrarias aos intereses das persoas e entidades ás cales representaban, aos que nin consultaron nin tiveron en conta á hora de decidir operacións financeiras inadecuadas e prexudiciais, así como fusións e conversións inadmisibles para o interese público, poñéndose ao servizo do Lobby bancario, patrocinador dun oligopolio prexudicial para o interese común, vulnerando as normas da competencia e dereitos dos usuarios

. Non se debe admitir que unha Caixa de Aforros patrocine a súa destrución, renunciando aos obxectivos que xustificaron a súa fundación ao ofrecer un servizo público sen ánimo de lucro, que agora desaparece, rebaixando a competitividade.

Enténdese que as normas sobre a libre competencia deben referirse aos dereitos dos concorrentes como ofertantes pero tamén, e principalmente, aos dereitos dos usuarios e consumidores, en cuxo interese deben de impedirse os oligopolios e que se destrúan entidades con estratexias legais e reguladas segundo o interese común, para un desenvolvemento integrado no seu ámbito, como o eran as Caixas, ás que habería que ter saneado, pero nunca suprimido.

É, por todo iso que lle reclamo a atención para o resgardo público ante a citada operación, esperando do informe de competencia que restableza e adecúe os seus termos, salvagardando os dereitos das partes, abrigo e fundamentalmente o interese, socialmente compartido, da presenza activa das Caixas de Aforros.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s