COMUNICADO DA PLATAFORMA POLA BANCA PÚBLICA

NCG_banca_lio

Durante o mes de xuño asistimos o xuízo dos exdirectivos das, moi a pesar noso e da cidadanía galega, ex-caixas galegas Caixa Galicia e Caixa Nova. A Plataforma Pola Banca Pública fai un chamamento a sociedade galega para que reflexione sobre o engano o que están sendo sometidas.

No ano 2012 coincidindo con un momento de gran mobilización social iniciado o 15 de maio de 2010 esta plataforma comeza una campaña de recollida de sinaturas en apoio a dous escritos de denuncia dirixidos a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e outro a Fiscalía Anticorrupción. Esta recollida de sinaturas levouse a cabo nas 7 cidades galegas.En paralelo e das mobilizacións organizadas pola pbp naceron as plataformas de afectados polas preferentes, en cuxa creación participamos e coas que mantivemos una estreita relación, aínda que non souberon comprender a idea de xustiza que nos promovíamos, tratando de ir máis alá do resarcimento individual e buscando un plantexamento épico da xustiza ante a desfeita do sistema financeiro galego.

Finalmente fixemos 3 entregas, na Fiscalía de Ourense, sumando 4000 sinaturas de apoio estas denuncias.

Os escritos presentados emprazaban a fiscalía a iniciar unha investigación dos posibles delitos contra a orde socioeconómica cometidos polos consellos de administración das extintas caixas de aforro. Concretamente apoiabámonos no artigo 295 do código penal que tipifica a administración desleal.

Tendo clara a PBP a estrutura xerárquica da fiscalía, dependente do goberno, e a altísima posibilidade, como está acontecendo, que non se afondara na investigación, establecemos contacto co avogado da Coruña Pablo Arangüena que se personara como acusador particular. Esta acusación particular permitíanos presentar proba e chamar xente a declarar. Acadando diste xeito afondar no acontecido e obtendo por vía xudicial a auditoría que o partido popular e o seu presidente, na Xunta de Galicia, rechazaran pola vía política. A renuncia diste abrogado a seguir coa acusación particular e a falla de interese dos diferentes sectores organizados da sociedade galega da como resultado a actual situación.

Temos que ver a unha parte dos consellos de administración sentados ante o xuíz por unhas xubilacións, que non sendo lexítimas non son máis que a punta do iceberg, o pago o traballo de entregar o sistema de aforro público galego a mans privadas. Fixémonos no detalle que José Luis Méndez non está imputado, sendo Director Xeral de Caixa Galicia, a Caixa con maiores dificultade económicas. Precisamente a farsa consiste en non xulgalos polo grave dano causado a economía e o interese xeral ofrecéndonos un xuízo que pretende facernos ver que se fai xustiza.

O presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijoo, con todo o seu despregue mediático, ofreceunos como un éxito, que si o foi para interese privados, o que en realidade era un fracaso para a sociedade galega.

Dende a PBP consideramos que a quebra das Caixas de aforro non foi produto da casualidade si non que resposta a un a un plan. Así o xefe da Patronal Bancaria, nos anos 90 do século pasado, decía que o 50% do aforro das cidadás do estado atopábase nas caixas e que ese mercado era o futuro negocio da banca privada. Desta idea e pode que por encargo, durante o goberno de José María Aznar promovese a reforma da lei de caixas que lle permite ampliar o territorio de negocio e os riscos, entrando cargos políticos nos consellos de administración levándoas a inversión inasumibles, baixo o principio “ deteriora e logo privatiza “-

As caixas nacidas dos montes de piedade, fai case 200 anos, para loitar contra a usura bancaria actuaban como un sistema público de aforro onde parte das ganancias revertían na sociedade e polo tanto nos propios impositores en forma de obra social e desenrolando tecido produtivo e industrial local, que doutro xeito sería difícil de criar. Este sistema de finanzas supoñía unha forte competencia para a banca privada, inasumíbel para os seus intereses expansivos.

No ano 2010 a suma das dúas caixas de aforro representaba o 5º poder financeiro do Estado con activos valorados en 75.000 millóns €.

Logo das excesivas inversións inmobiliarias as caixas entran en quebra, logo deo B.E esixirlles uns provisionamentos a elevadisimos. A máis exposta era Caixa Galicia , resulta curioso que José Luis Méndez non teña que respostar de ren ante a xustiza sendo o Director Xeral de Caixa Galicia.

A decisión política de fusionar as caixas , que o contrario do que nos fixeran crer si eran economicamente viables, foi tomada co intención de facilitar a venda a banca privada, como evidencia unha serie de acontecementos que a maneira de ver da PBP son auténticos despropósitos:

1º – A comisión de investigación parlamentar faise tarde e non persegue determinar responsabilidades políticas e que o goberno da Xunta fora parte activa na denuncia os responsables da suposta quebra.

2º – A auditoría das Caixas , que na PBP consideramos fundamental para saber que aconteceu e determinar responsabilidades. Encargase a auditoras privadas e non se da a coñecer os impositores e o resto da sociedade o resultado da mesma. O razoable tería sido facer unha auditoría pública a que tivera acceso a cidadanía, unha auditoría cidadá.

3º – Dixeran que as Caixas non eran viables e xa están dando beneficios. No ano 2013 deron 400 millóns de € antes de impostos no 2014 os beneficios ascenderon a 1200 millóns de € antes de impostos, logo de inxectarlle 9000 millóns de € para darlle liquidez púxose a venda inmediatamente cando o Memorando Europeo daba 5 anos de prazo. Isto evidencia a viabilidade das Caixas e a intencionalidade de privatizalas, nin xiquera recuperaremos o diñeiro público invertido. O que se buscaba era a privatización había que facelo pronto.

4º – Banesco a entidade Venezuelana que se fai con Nova Caixa Galicia ten a metade de tamaño que a suma das dúas caixas, isto resulta curioso cando menos. Escotet merca a Caixa por 1000 millóns de € dos que solo deposita 400 o resto pagarao en 3 entregas que aportará dos beneficios.

5º – Non se investiga a responsabilidade dos consellos de administración na vendade títulos preferentes e débeda subordinada habendo informes dos funcionarios do Banco de España contrarios a venda masiva distes produtos.

6º – Tendo en conta que Caixa Galicia era a entidade máis exposta a inversión inmobiliaria e polo tanto a máis deteriorada. O seu Director Xeral José Luis Méndez queda fora de toda investigación, demostrando este feito que non hai intención de atribuír responsabilidades pola quebra das mesmas.

7º – Non se determina a responsabilidade do regulador o Banco de España. Os gobernadores do B.E en especial Jaime Caruana La Corte nomeado polo ex-presidente José María Aznar , permiten a excesiva crédito a inversión inmobiliaria e non asume ningunha responsabilidade logo de causar un grave dano a economía e o interés xeral.

A PBP considera que perseguir ós directivos das Caixas, somente polas xubilacións , excesivas sen dúbida e que presuntamente, o noso xeito de ver, foron o pago a creación do escenario económico para poder privatizalas, é unha cortina de fumo para enganar a sociedade, facéndolle crer que a xustiza funciona, cando en realidade deberían perseguirse pola quebra do sistema financeiro e polo grave dano causado a economía. Isto é outra falta de respeto a sociedade.

Para a PBP o correcto debería ser encargar unha comisión de investigación parlamentar que profundara nas diferentes responsabilidades e perseguir xudicialmente os responsables. Non privatizar a Caixa que era viable logo de saneala e mantela con un sistema de aforro público eliminando todos os postos e cargos políticos dos consellos e creando sistemas de control cidadá que impediran que esta situación voltase a repetirse.

Neste momento o aforro de todas as galegas está controlado e responde a intereses privados. Dende a PBP consideramos isto un erro que deteriorará máis a economía galega e eliminará opcións de crédito.

Tamén botamos en falla un compromiso verdadeiro, da sociedade galega organizada, no clarexamento da quebra e privatización do sistema financeiro autóctono.

Queremos que se lembre que estando como presidente da Xunta de Galicia Nuñez Feijoo as galegas quedamos sen o control do sistema de aforro que perdurou case 200 anos.

A Plataforma Pola Banca pública ten como obxectivo recuperación dun sistema de aforro público baseado na ética das finanzas, pondo a economía o servizo das persoas.

Neste momento queremos que quede constancia que non toda a sociedade galega está de acordo co que o presidente da Xunta de Galicia pretende vender coma un éxito e que nos consideramos unha estafa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s