Queremos solicitar ao Sr. Almunia que a Comisión que preside na UE sobre a Competencia, evite a culminación do espolio das Caixas Galegas, nas que, en vez de manter os seus Órganos de Goberno baixo o control democrático da cidadanía e aplicándolles unha eficaz vixilancia sobre o cumprimento dos seus obxectivos sociais, se procedeu ao seu “bancarización” e desmantelamento, cedéndoas para ser explotadas nun mercado cativo, anulando todos os beneficios e dereitos que viñeron funcionando durante máis de cen anos.
Divulgáronse documentos na que se citan prolijamente evidencias de que existiu e existe un plan para unificar os mercados financeiros por parte de grupos especuladores, ansiosos de controlar o poder económico e sojuzgar o poder político para que as decisións se tomen dende as perspectivas dos seus negocios e á marxe do Interese Público, do Ben Común, e mesmo do dereito das persoas a controlar e gozar dos seus patrimonios.
QUEN CONTROLA O FLUXO DO DIÑEIRO, CONTROLA O PODER POLÍTICO E SOCIAL!
Non é algo que se tería que vixiar, para evitar evidentes abusos de poder, sobre a base da súa concentración?…
Esa Comisión, (baixo a súa responsabilidade), ten asumida a misión de vixiar e controlar actitudes e comportamentos relacionados co “mercado libre”, evitando os oligopolios, tamén a alteración subrepticia do prezo das cousas e servizos, resgardando os dereitos adquiridos polas persoas…
Entendemos que o seu posto é consecuencia dun mandato democrático, é dicir, que está para defender os dereitos das persoas e, subsidiariamente, os das empresas, en canto que estas son expresións daquelas.
De ningún xeito a función desa Comisión pode limitarse a dar o visto e prace a feitos consumados, sen entrar nunha análise profunda das causas e procedementos que o motivaron, nin xustificar erros, nin sequera previsións ou plans ocultos cando estes prexudican claramente os dereitos das persoas, aínda que só sexa por vulnerar a debida transparencia e claridade. É de entender que calquera formulación que se lle formule dende a cidadanía, debe debidamente ser valorada e debe supoñer unha resposta detallada a cada unha das consultas formuladas.
Tamén queremos formularlle algunhas preguntas sobre este asunto, co rogo encarecido de que nos sexan respondidas de forma puntual e razoada: