Así titulaba Xosé Luis Méndez Ferrín un articulo publicado en 1987 onde falaba do despido de Miguel Quinteiro.
Esta imaxe dio todo.
Convida a pensar si en realidade non sería un pago por axudar a privatizar as Caixas de Aforro. Ten lóxica si lembramos o que dixo o xefe da patronal Bancaria no ano 1990. ” As Caixas de aforro teñen depósitos que equivale o 50% do aforro do estado español este negocio corresponde a banca privada”. A reforma da Lei de Caixas PROPICIARÍA O ESCENARIO IDEAL para conseguir a privatización do sistema de aforro público Galego e do resto do estado.
A Audiencia Nacional rexeita a suspensión de condena aos antigos responsables de Novacaixagalicia e dicta orde de detención e ingreso e prisión.
En honor dunha persoa con fame de Xustiza e un bo amigo. Todo un exemplo de honradez e coherencia.
Hoxe entraron na cadea algúns, non todos, dos directivos das extintas Caixas de Aforro Galegas. O mais parecido a un sistema público de aforro que dende a reforma da lei de Caixas feita por Manuel Fraga nos 90 rematou co privatización das Caixas de aforro e coa bendición de Nuñez Feijoo se converteron en //ABANCA.
O Xefe da patronal bancaria o señor Rafael Termes pedira nesa época esta reforma da lei de Caixas para evitar a competencia que lle supuñan á banca privada.
Un banco privado creado con diñeiro público aportándolle 9.000 millóns de € para saneala. Vendeuse no primeiro ano Por 1.000 millóns de € (o memorando Europeo daba 5 anos para vendela) a pagar en 4 prazos. Comento este detalle dos prazos para que se observe que se paga cos beneficios que vai xerando. Dende o primeiro ano deu 1.200 millóns. Así se privatiza o sistema de aforro público creado polas galegas fai 150 anos e que no ano 2010 sumaba activos por valor de 75.000 millóns. Baixo o criterio de deteriora fai parecer que está quebrada privatiza e logo quédate cos beneficios. O mesmo co sector sanitario e enerxético.
Botamos de menos unha maior implicación da sociedade galega ante este espóleo, sobre todo da parte activa e da esquerda política. O longo distes anos petamos en moitas portas pedindo axuda e implicación. Non vou agora enmerdar nin dicir nomes pero podo asegurar e probar que en algunha ocasión vivimos situacións que se poden nomear como de traizón o pobo galego.
Nunca nos deberíamos alegrar porque alguén sexa privado de súa liberdade física, pero mentres vivamos neste estadio de conciencia e os cárceres sigan existindo, polo menos que non sexan solo para as fillas dos pobres, dos ninguén.
No estamos satisfeitos con estas condenas, aínda falta moito para facer xustiza. Faltan varios dos directivos e non se investigaron os motivos da QUEBRA INDUCIDA. Moitos dos traballadores das Caixas tamén son cómplices, non todas, venderon produtos sabendo que non eran axeitados a moitas persoas.Vendéronse por un PLUS MENSUAL.
PRECISASE DE XEITO URXENTE UNHA AUDITORÍA PÚBLICA que nos permita coñecer en profundidade que sucedeu. Non hai quebra sin reforma da lei de Caixas, sin preferentes non hai burbulla inmobiliaria e nunca se tería desafiuzado familias de xeito masivo.
Mentres non se saiba a verdade O QUE ESTÁ QUEBRADO É O ESTADO DE DEREITO.
Tampouco hai responsables políticos !!!!!
QUEDA MOITO POR FACER. SEGUIREMOS LOITANDO !!!!!!!
Deixo un enlace onde Mendez Ferrín recolle o despido de Miguel Quinteiro que neste tempo estaba no consello de administración de Caixa Vigo en representación da CIGA e que foi despedido por cuestionar o xeito de actuar do mesmo. Hai que recordar que todo o entorno político Próximo a Miguel ignorou o seu despido.
A sociedade galega non deu a resposta que merecía semellante espóleo.
“MEDO A QUINTERIO MEDO A VERADADE” http://outraesquerda.blogspot.com.es/2012/10/medo-quinteiro.html