Nunha discusión no 2013 sobre a situación financeira dos bancos no Parlamento europeo, mr. Goofrey Bloom, do Partido xenófobo e extremista de dereita inglés UKIP, deixou ir un discurso curto, reducido ao programa nacional-socialista do seu partido pero certeiro sobre a verdadeira situación dos bancos. O sistema bancario europeo está en quebra e é un cadáver que se mantén por respiración asistida (tipos negativos), corazón artificial (Sistema Bancario de Reserva Fraccional) e doses masivas de enervantes (Flexibilización Cuantitativa).
Os bancos non teñen diñeiro nin para devolver o 1% dos depósitos. O Fondo de Garantía de Depósitos do Banco de España está a cero. A impresión de diñeiro electrónico a razón de 80.000 millóns mensuais que fai o BCE para comprar débeda bancaria e corporativa produce efectos gravísimos sobre a economía e o valor do traballo:
é unha incautación, confiscación, dos aforros das contas correntes e depositantes pola vía da deterioración do seu valor ao crecer exponencialmente a masa monetaria.
A compra masiva de débeda produce a redución a longo prazo do tipo de interese que provoca a alza continuada do valor do activos refuxio como a vivenda.
A débeda masiva mundial produce o nulo interese da banca en prestar á economía produtiva que tende á redución da realización de beneficio empresarial ao non poder vender os seus produtos (venda ? a xente antes paga as débedas que comprar comida)
Os bancos non prestan diñeiro que era a súa función e viven do Estado ao que compran a débeda soberana e á titulización de calquera promesa de débeda que é á súa vez comprada polo BCE.
As limitacións políticas ao diñeiro metálico son outra arma para confiscar dentro da contabilidade bancaria os aforros populares pero ao tempo é un suicidio do Estado pois, ese diñeiro (contorna ao 2% da masa monetaria global), acepta a privatización do último resorte do seu poder.
A compra masiva de débeda corporativa, débeda emitida en mercados de renda fixa ( hipotecaria, seguros, dereitos de cobro) e de débeda soberana converte ao BCE no propietario legal da maior parte dos estados, bens e activos-propiedades europeos.
A creación masiva de diñeiro sen valor que o apoie, traballo humano, reduce a cero o valor dese traballo e destrúe os cimentos da contabilidade da humanidade porque unha elite que controla a produción do medio de contabilizar ese traballo hao pervertido ata destruílo.
É o socialismo pero ao revés. Unha pequena elite mundial, un 1%, converteuse nun parasito da economía mundo e encima fai crer ao hóspede que forma parte do seu mesmo corpo cando en realidade está a matalo. E mátao! a deterioración xeral do planeta coa hecatombe climática, a extenuación dos recursos e circuítos naturais e o cancro financeiro da economía humana abócannos a un futuro moi escuro
Mr. Goofrey Bloom cre, como o UKIP, que se soluciona encerrándose na súa pequena illa evitando a entrada de estranxeiros. Poderiamos dicir máis cousas, pero necesitabamos esas declaracións de Mr. G.Bloom para que os nosos lectores dean veracidade real ao que dicimos. Non somos uns iluminados, e imos máis aló que a mensaxe xenófoba do UKIP, pero por desgraza a esquerda europea hoxe non nos acompaña tomando este discurso. Deixa que unha parte da verdade só o diga a extrema dereita nacionalista ou nazi.
Ditos estes preliminares, para evitar confusións, deixámoslles co discurso de Mr.G.Bloom do UKIP:
banca_en_quebra
salva TORRES, activista de asc.500×20
salva TORRES, activista de asc.500×20
estratexia_parasito-financeiro_web
A