O ataque ás caixas: contando outra historia distinta.

Neste artigo, a economista crítica Miren Etxezarreta desmonta os tópicos cos que intoxicaron á opinión pública no tema das caixas. Nin todas estaban tan mal, ni había unha única solución posible, nin a privatización é inevitable.

¿Por qué entón esta oleada privatizadora?. Dende polo menos os 80, a banca privada e a súa patronal veñen criticando a existencia dun sector, o das caixas, que facía unha competencia inaceptable (para eles) ó negocio do financiamento privado. No ano 2003, o Banco de España, moito antes de que estalara esta crise, fixo un estudo no que se apostaba pola privatización absoluta do sistema financieiro, argumentando, na liña do dogma económico neoliberal, que só así sería mais rentable e eficiente (algo que a crise do 2007, coa caída de Lehman Brothers, encargouse de desmontar). E esta pasou a ser a política oficial do BdE. Aínda mais, esta creencia xa tiña contaminado a xestión das caixas, obrigadas por cambios lexislativos, e coa axuda de xestores e outros escuros intereses, a comportarse cada vez mais como bancos. Seguir lendo

O que nos depara coa bancarización das caixas: a exclusión financieira.

Un dos problemas mais importantes que acarreará a bancarización das caixas, e que de feito xa está comezando a acontecer, é a exclusión financieira, que consiste na exclusión de particulares e PEMES de calquer tipo de financiamento para o consumo ou os pequenos negocios cunhas condicións decentes. A banca privada non soe preocuparse polas necesidades dos mais humildes, que non son negocio. De feito, as caixas naceron para darlle financiamento sen usura ás clases populares a finais do século XIX e inicios do século XX, evitando así que tivesen que empeñar o pouco que tiñan coa banca privada. E por iso tiveron tanto éxito e contribuíron tanto ó desenrolo económico. Hoxe, coa bancarización das caixas, imos cara atrás, xa que os nosos aforros non irán a financiar á economía de base, productiva, senón á especulación financieira ou ó financiamento dos grandes capitalistas, xa que isto é, hoxe en día, o negocio da banca privada: especular en bolsa e apoiar a Inditex, Reganosa e demais grandes capitalista. E tendo en conta a crise de liquidez que sofre a banca polas súas malas prácticas, isto significa negar crédito ás PEMES, que crean o 90% do emprego Por iso, e para saír da crise, necesítase un sistema financieiro que apoie á economía real, á economía social, cunhas prácticas éticas. Neste vídeo, Alberto Montero explica esta situación e a cuestión da exclusión financieira. ¡¡Difundide!!.

Seguir lendo

A bancarización das caixas de aforro é o que parece: un roubo

Neste artigo Juan Torres López describe e denuncia o roubo das caixas de aforro, sinalando ós culpables: o capital financieiro privado, banqueiros e especuladores, e os seus cómplices políticos. E anima a resistir, ¡¡e iso faremos!!. Ficade atentos ás novidades e iniciativas que imos lanzar dende a plataforma, apoiade e difundide.

Seguir lendo

A mentira da fusión das caixas

A fusión das caixas non era algo inevitable nin necesario. Nesta entrevista, o economista Xavier Vence desmonta os argumentos interesados, entre eles os do Banco de España, defensor acérrimo dos intereses privados, que promoveron esta fusión. O que necesitamos non é unha caixa única, senón un sistema de caixas cun tamaño adecuado ó seu territorio de implantación, cun sentido ético e solidario da súa actividades. Nin mais, nin menos.

Seguir lendo

¿Por qué son millores as caixas de aforro que a banca privada?

Neste estupendo artigo, o proofesor Vincenç Navarro mostra con datos porqué as caixas de aforro son millores, social e económicamente, que a banca privada. Datos que contradicen o discurso dominante, exercido dende os mass media, que afirma que as caixas son ineficientes e por iso deben de ser privatizadas, xa que a xestión privada é millor. Mentiras interesadas que a brutal crise actual, orixinada precisamente no sector financieiro privado, desmonta de xeito demoledor. Non vos deixedes enganar, e apoiade e difundide estes datos,  porque unha cidadanía consciente precisa de datos e verdades, e non de manipulación informativa.

Seguir lendo

As caixas de aforro, un codiciado botín

A bancarización das caixas de aforro non é unha cuestión casual, nin está motivada pola crise. Responde a unha política consciente, pero oculta, do gran capital financieiro para facerse cos aforros de todos e todas, e usalos no casino financieiro e especulativo. Por iso, defender un sistema financieiro público  e social, que exemplificaban as caixas pese as súas eivas e falta de democracia internas (promovidas por escuros intereses dentro e fóra das mesmas) e tamén traballar por un novo sistema económico que poña ás persoas por riba dos beneficios. Deixámosvos un artigo de fai anos, no que se advirte xa, moito antes da crise, das maniobras que se estaban a realizar para apoderarse das caixas, que son un codiciado botín.

Seguir lendo