Convocatoria de Día de Acción por Unha Banca Pública

MARZO 2012.

A Plataforma Polo Aforro Público, formada por colectivos e persoas de toda Galicia, profundamente preocupadas pola privatización das caixas e o comportamento absolutamente irresponsable do sector financeiro nesta crise, convoca para o vindeiro día 25 de Marzo un día de acción por unha Banca Pública en toda Galicia. A Plataforma polo Aforro Público naceu co obxectivo de reclamar, dende a organización cidadá e de base, unha xestión distinta da problemática financeira.


Consideramos que é preciso, para superar esta crise en positivo, e para o normal funcionamento democrático da nosa sociedade, unha banca pública que funcione de xeito ético e devolva á cidadanía o poder sobre os aspectos financeiros da economía. Só así poderemos ter un control democrático da economía, contribuíndo ao benestar colectivo.
Así mesmo, consideramos que a bancarización das caixas de aforro non é necesaria nin inevitable. Baixo argumentos supostamente técnicos, refutados por varios expertos críticos, acerca da necesidade de privatizar as caixas para salvalas, agóchase a vontade do capital financeiro de facerse co control do negocio bancario do país, mantendo a súa hexemonía e poder social nesta crise, causada polas súas malas prácticas na burbulla especulativa do ladrillo, e non polo traballo da xente da rúa.


Deste xeito, non só estáselle a dar regalado o capital das caixas aos bancos, senón que se está a crear un oligopolio no sistema financeiro galego e español, que vai provocar a exclusión financeira de gran parte da poboación, PEMES e familias. Isto, de feito, xa está a pasar, e o paro e a crise son consecuencia directa da seca de crédito por parte de institucións bancarias completamente irresponsábeis socialmente e politicamente impunes.


Por iso, para saír desta crise en positivo, con emprego e benestar social, precisamos dun sistema financeiro público e ao servizo da economía e a democracia. Precisamos dunha BANCA PÚBLICA. Axúdanos a conseguila e acude á manifestación do día 25!
A Plataforma Polo Aforro Público está constituída polos seguintes movementos cidadáns: Foro de Asembleas Galegas do 15M, ATTAC Xustiza Económica Global, Mesa pola converxencia e Democracia Real Xa.

Podes unirte a nós en:


Vigo: Manifestación ás 11:30 dende a Praza de España. Lectura do manifesto no cruce de Colón e García Barbón.

Santiago: Concentración ás 18 na Alameda, con charlas e talleres sobre o tema.

Pontevedra: Manifestación ás 18.30 dende Montero Ríos, cunha charla ó final do catedrático de economía Jose Luis Outes Ruso.

A Coruña: concentración ás 19:00, no Cantón grande- Obelisco.

Ourense: concentración de 19 a 21 horas na Rúa do Paseo, diante da sede de Novagalicia Banco.

Lugo: Concentración ás 18:30 na Praza Maior.

Ferrol: Concentración ás 11.30 na Praza de Armas.

www.aforropublico.wordpress.com

Advertisements

E outra mais dos antigos xestores.

As novas acerca da mala xestión das caixas non deixan de saír, para vergoña duns cantos. Agora sabemos que o 30%  da Obra Social das Caixas foi invertido en ladrillo, é dicir, en fomentar unha burbulla que ó estourar esnaquizou a economía, e que impedíu o desenrolo dun tecido productivo forte e innovador. Dato que hai que engadir a unha xestión escura e chea de dúbidas, que só agora comeza a ser denunciada.

Isto non é novo. Durante anos, as caixas foron convertidas pouco a pouco en entidades cada vez mais parecidas ós bancos nas súas prácticas e negocios, primando a especulación bursátil por riba da inversión productiva. A ideoloxía neoliberal que dominou a política neste país dende os 90, fomentada polos intereses da banca, fixo que políticos e xestores das caixas, salvo excepcións, fornecesen unha serie de cambios lexislativos e organizativos que supoñan unha primeira bancarización das caixas, centrada nas súas prácticas de  negocio. De feito, seguindo nesta liña, e tal e como temos denunciado sen descanso, isto foi o inicio dunha ofensiva por privatizar as caixas, que culminou nesta crise, onde os mesmos políticos, banqueiros e paniaguados aproveitáronse dos problemas das caixas para vendernos que a única alternativa era bancarizalas por completo. Algo que non é certo, pero que como discurso servíu para convencer á cidadanía de que non había alternativa ó roubo das caixas polo capital privado.

Seguir lendo

Unha alternativa: crear unha nova caixa de aforros.

No artigo que pegamos a continuación, un compañeiro da Plataforma polo Aforro Público plantexa unha  alternativa á privatización das caixas: que o Concello ou Diputación cree outra nova.

¿Por qué?. Pois porque necesitamos unha institución financieira que sirva á sociedade, dando crédito a baixo prezo para manter a actividade económica, fomente o emprego, servicios sociais de calidade, e de un uso social ós nosos cartos, evitando que sexan destinados para alimentar a especulación financieira. Neste senso, unha caixa de aforros propia pode  axudar a revertir a situación actual.

Pero obviamente, o que necesitamos é outro tipo de caixa. Unha das mentiras mais empregadas hoxe en día para privatizar  as  caixas é confundir o que foi un modelo de entidade financieira moi exitoso e que fixo moito ben coa xestión dos últimos anos. Esta foi penosa, antidemocrática, escura e chea de erros interesados, que temos que coñecer (de aí que tamén pidamos que se investigue a xestión das caixas, polas súas nefastas consecuencias). Pero isto non invalida o modelo das caixas, extendido por todo o mundo e que compre recuperar  para a cidadanía, dun xeito adecuado: con mais democracia interna, con prácticas de negocio controladas pola cidadanía e que servan só a esta, con transparencia, e cuns xestores que se deban á finalidade social das caixas. Simplemente, ante a crise das caixas, apostamos polo contrario do que fixo o governo, incitado pola  banca: en vez de acabar con elas e entregalas ó capital privado, apostamos por rexeneralas, e poñelas a traballar por un sistema económico mais democrático e xusto. E para iso, precisamos da túa axuda e apoio. Seguir lendo

Excusatio non petita…

O antigo xestor da caixa Jose Luis Pego, promete colaborar coa fiscalía e defende a súa xestión. Isto soa a excusa e intento de salvar unha xestión que, no seu caso e doutros directivos da caixa, estivo chea de oscuridades e maniobras ocultas. ¿Cómo se non se explica o estado en que deixaron as caixas, absolutamente lamentable?. Compre non só iniciar as accións xudiciais polas súas indemnizacións e a valoración que o BdE fixo das caixas, como pedíu un membro da CIG á fiscalía, senón ir mais aló e abrir investigacións sobre a xestión das caixas durante todos estes anos, como pedimos dende a plataforma, nunha campaña de recollida de sinaturas que iniciamos onte. E tamén e necesario abrir un proceso de auditoría social, no que cidadáns e organizacións sociais poidan recibir completa información de toda a xestión das caixas durante a pasada burbulla inmobiliaria. Estamos seguros de que haberá sorpresas, e que “tirando da manta”, moitos quedarán coas vergoñas ó aire. Por iso, en breve tamén iniciaremos unha campaña para explicarlle a cidadanía a necesidade desta auditoría, de revisar toda a débeda das caixas, e de apoiar un completo exame da xestión das caixas. Paso previo para a creación doutro sistema financieiro, baseado na banca pública e en novas caixas locais éticas e solidarias. Iso non fixo mais que comezar, ¡¡agora tócalle a cidadanía alzar a súa voz!!. Seguir lendo

Comezamos a campaña para promover unha acción legal

Xa temos campaña para promover unha acción legal polo tema das caixas, en concreto queremos pedirlle á fiscalía que actúe de oficio no tema, e pedimos a vosa sinatura para apoiala. Con esta acción no só pedimos a investigación das indemnizacións millonarias ou da valoración da caixa, como se pide dende a CIG, senón que aínda se afonde mais e se dilucide cal foi a xestión das caixas antes da fusión e privatización, de xeito que se poidan determinar posibles delitos de xestión desleal, que como resultado deron o desastre que hoxe vivimos. Isto é crucial, xa que a situación actual é resultado de malas prácticas nos últimos anos, no da crise en si mesma, que só as fixo saír a flote.

Podedes asinar neste enlace, e só con isto comezaremos a resistir, dende a sociedade civil, o expolio que sufrimos, e comezar a traballaro por un sistema financieiro ético, social e solidario. Pronto, lanzaremos outra campaña no mesmo sentido. Eiquí a páxina de sinaturas:

http://actuable.es/peticiones/por-unha-investigacion-pola-fiscalia-da-xestion-das-caixas

 

¡¡Non permitamos este expolio!!. ¡¡Actuemos!!.