¿Quen somos?

¿Quen somos?.


Somos un grupo de cidadáns e cidadás profundamente preocupados polo expolio que se está a realizar a todos os galegos coa bancarización das caixas de aforros. Consideramos que non vai axudar a recuperar a economía galega, tan necesitada de crédito, senón todo o contrario: trasvasará recursos públicos e os cartos de todos á banca privada, responsable da crise, de xeito que os noso diñeiro irá ó negocio da economía especulativa e non á economía real, nun momento dunha profunda seca de crédito que está a estrangular a actividade das PYMES.

¿Qué opinamos da bancarización das caixas?.

Consideramos tamén que o modelo de caixas de aforro segue a ser válido. A súa crise, en contra do que nos din, pode explicarse pola corrupción do sistema político e económico, no que os intereses de banqueiros e os seus amigos políticos vaciaron de contido democrático os órganos de dirección das caixas, e as forzaron a seguir unha dirección que agora demostrouse como catastrófica. Detrás, ocúltase o simple obxectivo de privatizar un sector que aglutinaba o 60% dos aforros dos españois. Sen embargo, pensamos que a solución non era bancarizar as caixas, segundo propoñen os economistas liberais do BdE, senón sanealas e convertilas no xérmolo dun sistema bancario ético, sostible e democrático, tal e como foron pensadas no momento da súa creación. En calquer caso, detrás do proceso de bancarización hai numerosas sombras e medias verdades que nunca foron explicadas a unha cidadanía orfa de información fiable e constratable.

¿Qué pedimos?.

– Solicitamos ás autoridades regulatorias e á xustiza que abran unha investigación sobre as posibles responsabilidades legais e penais dos directivos das caixas na súa nefasta xestión. Tamén pedimos que se pronuncien acerca da legalidade na trasferencia de TODO o patrimonio das caixas a unha banca privada.
– Xa que Novagalicia Banco está aínda capitalizada en mais dun 70% polo Estado a través do FROB, pedimos a súa nacionalización inmediata, para crear un xérmolo de Banca Pública con sentido ético e vocación social, instrumento indispensable para saír da crise.
– Pedimos unha auditoría pública do proceso de bancarización, na que poidan participar cidadáns e movementos sociais, e no que se poida comprobar que intereses actuaron e que decisións foron tomadas e por quen, de xeito que a cidadanía poida informarse dos motivos ocultos da desastrosa operación que estamos presenciando.
– Solicitamos ás autoridades políticas que inicien o proceso de creación dunha nova caixa de aforros, cuns estatutos que reforcen a democracia interna e o control cidadán, e cunha vocación social, como instrumento de aforro e crédito popular.

– Queremos promover novos xeitos de financiación da economía, éticos, solidarios e cooperativos, ó servizo de novos xeitos de vivir e gañarse a vida, mais xustos e sostibles.

Advertisement

3 opinións sobre “¿Quen somos?

  1. Estou leendo que estades a recoller firmas para facer unha protesta, eu son un afectado e quixera tamén firmar coma un máis dos estafados, xa me diredes como podo facelo. Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s