Crónica dunha morte anunciada

Esta semana espertámonos coa nova, non por esperada por nós menos impactante: Novagalicia Banco entra en perdas, e agora ser mercada nunha puxa é a primeira opción. Dende a Plataforma polo Aforro Público vimos vaticinando que o futuro das caixas bancarizadas non é mais que este: ser absorbidos pola gran banca privada, nunha operación que é de onte, senón que era xa un vello proxecto, anterior á crise.

Seguir lendo

Advertisement

Unha alternativa: crear unha nova caixa de aforros.

No artigo que pegamos a continuación, un compañeiro da Plataforma polo Aforro Público plantexa unha  alternativa á privatización das caixas: que o Concello ou Diputación cree outra nova.

¿Por qué?. Pois porque necesitamos unha institución financieira que sirva á sociedade, dando crédito a baixo prezo para manter a actividade económica, fomente o emprego, servicios sociais de calidade, e de un uso social ós nosos cartos, evitando que sexan destinados para alimentar a especulación financieira. Neste senso, unha caixa de aforros propia pode  axudar a revertir a situación actual.

Pero obviamente, o que necesitamos é outro tipo de caixa. Unha das mentiras mais empregadas hoxe en día para privatizar  as  caixas é confundir o que foi un modelo de entidade financieira moi exitoso e que fixo moito ben coa xestión dos últimos anos. Esta foi penosa, antidemocrática, escura e chea de erros interesados, que temos que coñecer (de aí que tamén pidamos que se investigue a xestión das caixas, polas súas nefastas consecuencias). Pero isto non invalida o modelo das caixas, extendido por todo o mundo e que compre recuperar  para a cidadanía, dun xeito adecuado: con mais democracia interna, con prácticas de negocio controladas pola cidadanía e que servan só a esta, con transparencia, e cuns xestores que se deban á finalidade social das caixas. Simplemente, ante a crise das caixas, apostamos polo contrario do que fixo o governo, incitado pola  banca: en vez de acabar con elas e entregalas ó capital privado, apostamos por rexeneralas, e poñelas a traballar por un sistema económico mais democrático e xusto. E para iso, precisamos da túa axuda e apoio. Seguir lendo