Neste artigo, a economista crítica Miren Etxezarreta desmonta os tópicos cos que intoxicaron á opinión pública no tema das caixas. Nin todas estaban tan mal, ni había unha única solución posible, nin a privatización é inevitable.
¿Por qué entón esta oleada privatizadora?. Dende polo menos os 80, a banca privada e a súa patronal veñen criticando a existencia dun sector, o das caixas, que facía unha competencia inaceptable (para eles) ó negocio do financiamento privado. No ano 2003, o Banco de España, moito antes de que estalara esta crise, fixo un estudo no que se apostaba pola privatización absoluta do sistema financieiro, argumentando, na liña do dogma económico neoliberal, que só así sería mais rentable e eficiente (algo que a crise do 2007, coa caída de Lehman Brothers, encargouse de desmontar). E esta pasou a ser a política oficial do BdE. Aínda mais, esta creencia xa tiña contaminado a xestión das caixas, obrigadas por cambios lexislativos, e coa axuda de xestores e outros escuros intereses, a comportarse cada vez mais como bancos. Seguir lendo