O que nos depara coa bancarización das caixas: a exclusión financieira.

Un dos problemas mais importantes que acarreará a bancarización das caixas, e que de feito xa está comezando a acontecer, é a exclusión financieira, que consiste na exclusión de particulares e PEMES de calquer tipo de financiamento para o consumo ou os pequenos negocios cunhas condicións decentes. A banca privada non soe preocuparse polas necesidades dos mais humildes, que non son negocio. De feito, as caixas naceron para darlle financiamento sen usura ás clases populares a finais do século XIX e inicios do século XX, evitando así que tivesen que empeñar o pouco que tiñan coa banca privada. E por iso tiveron tanto éxito e contribuíron tanto ó desenrolo económico. Hoxe, coa bancarización das caixas, imos cara atrás, xa que os nosos aforros non irán a financiar á economía de base, productiva, senón á especulación financieira ou ó financiamento dos grandes capitalistas, xa que isto é, hoxe en día, o negocio da banca privada: especular en bolsa e apoiar a Inditex, Reganosa e demais grandes capitalista. E tendo en conta a crise de liquidez que sofre a banca polas súas malas prácticas, isto significa negar crédito ás PEMES, que crean o 90% do emprego Por iso, e para saír da crise, necesítase un sistema financieiro que apoie á economía real, á economía social, cunhas prácticas éticas. Neste vídeo, Alberto Montero explica esta situación e a cuestión da exclusión financieira. ¡¡Difundide!!.

Seguir lendo

Advertisement

¿Por qué son millores as caixas de aforro que a banca privada?

Neste estupendo artigo, o proofesor Vincenç Navarro mostra con datos porqué as caixas de aforro son millores, social e económicamente, que a banca privada. Datos que contradicen o discurso dominante, exercido dende os mass media, que afirma que as caixas son ineficientes e por iso deben de ser privatizadas, xa que a xestión privada é millor. Mentiras interesadas que a brutal crise actual, orixinada precisamente no sector financieiro privado, desmonta de xeito demoledor. Non vos deixedes enganar, e apoiade e difundide estes datos,  porque unha cidadanía consciente precisa de datos e verdades, e non de manipulación informativa.

Seguir lendo