Un pouco de información amena sobre o que está a pasar. Aínda que o papel dos mercados internacionais non recebe a atención que merece (de feito foi a banca alemana a que deu os cartos para a nosa burbulla), non debes perder este vídeo.
Un pouco de información amena sobre o que está a pasar. Aínda que o papel dos mercados internacionais non recebe a atención que merece (de feito foi a banca alemana a que deu os cartos para a nosa burbulla), non debes perder este vídeo.
Esta semana espertámonos coa nova, non por esperada por nós menos impactante: Novagalicia Banco entra en perdas, e agora ser mercada nunha puxa é a primeira opción. Dende a Plataforma polo Aforro Público vimos vaticinando que o futuro das caixas bancarizadas non é mais que este: ser absorbidos pola gran banca privada, nunha operación que é de onte, senón que era xa un vello proxecto, anterior á crise.
Se as caixas foron convertidas en accionistas minoritarias de Novagalicia Banco, banco que seguramente sexa vendido a precio de saldo, ¿cómo non extrañarse de que a inversión en obra social das caixas retroceda a niveis de fai 5 anos?. O sorprendente é que aínda exista ese gasto. Haberá que ver cómo o novo governo desenrola o proceso, pero xa temos algunha pista: preténdese crear un sistema financieiro mediante novas fusións, de xeito que acabemos con apenas uns bancos grandes e outros, secundarios mais pequenos. É dicir, que camiñamos cara un oligopolio financieiro, que teremos que sanear entre todos para que catro seguan a facer negocios, e no que non existirá unha banca pública, colectiva, ou cooperativa potente que dea crédito a economía, polo menos en moito tempo, xa que o sistema financieiro está técnicamente zombi. ¿Bonito, verdade?. Todo para os banqueiros, nada para a xente. É por isto que necesitamos, mais que nunca, recuperar as caixas e un sistema financieiro público. ¡¡Vai o noso futuro niso!!.
Seguir lendo
As novas acerca da mala xestión das caixas non deixan de saír, para vergoña duns cantos. Agora sabemos que o 30% da Obra Social das Caixas foi invertido en ladrillo, é dicir, en fomentar unha burbulla que ó estourar esnaquizou a economía, e que impedíu o desenrolo dun tecido productivo forte e innovador. Dato que hai que engadir a unha xestión escura e chea de dúbidas, que só agora comeza a ser denunciada.
Isto non é novo. Durante anos, as caixas foron convertidas pouco a pouco en entidades cada vez mais parecidas ós bancos nas súas prácticas e negocios, primando a especulación bursátil por riba da inversión productiva. A ideoloxía neoliberal que dominou a política neste país dende os 90, fomentada polos intereses da banca, fixo que políticos e xestores das caixas, salvo excepcións, fornecesen unha serie de cambios lexislativos e organizativos que supoñan unha primeira bancarización das caixas, centrada nas súas prácticas de negocio. De feito, seguindo nesta liña, e tal e como temos denunciado sen descanso, isto foi o inicio dunha ofensiva por privatizar as caixas, que culminou nesta crise, onde os mesmos políticos, banqueiros e paniaguados aproveitáronse dos problemas das caixas para vendernos que a única alternativa era bancarizalas por completo. Algo que non é certo, pero que como discurso servíu para convencer á cidadanía de que non había alternativa ó roubo das caixas polo capital privado.
Hoxe a fiscalía anticorrupción ten anunciado que vai iniciar unha investigación acerca das vergoñentas indemnizacións ós directivos de Novacaixagalicia, así como sobre as causas da ridícula valorización que se fixo das caixas polo FROB. A investigación ven a raíz da denuncia dun membro do Consello de Administración, representante da CIG. Saludamos moi positivamente esta acción, e de feito estamos a traballar nunha similar. Pero consideramos que a cidadanía debe de esixir non só isto, senón coñecer completamente todas as circunstancias que rodearon a fusión e privatización das caixas. E por iso, tamén débese esixir unha auditoría social das caixas. E non só iso, senón que tamén debemos esixir o retorno do patrimonio das caixas, fundando unha banca pública con el, e a creación dun sistema financieiro social, ético e solidario, que sexa quen de poder servir de alternativa ó dominio do gran capital financieiro, que decide ata o punto de por e de quitar governos. Non estamos a falar dunha cuestión só económica ou xudicial, senón tamén política. ¡¡É a hora de avanzar e reclamar o noso!!. Seguir lendo
A alarma social que orixinou o expolio das caixas ben pode servir para iniciar un proceso xudicial contra os responsables desta tropelía, como se propón neste artigo. Dende a Plataforma polo Aforro público queremos comezar un proceso neste sentido, para o que en breve iniciaremos unha campaña de sinaturas. Mentres, eiquí podemos atopar algunhas pistas de por onde pode ir o tema. Seguir lendo
A fusión das caixas non era algo inevitable nin necesario. Nesta entrevista, o economista Xavier Vence desmonta os argumentos interesados, entre eles os do Banco de España, defensor acérrimo dos intereses privados, que promoveron esta fusión. O que necesitamos non é unha caixa única, senón un sistema de caixas cun tamaño adecuado ó seu territorio de implantación, cun sentido ético e solidario da súa actividades. Nin mais, nin menos.
Neste estupendo artigo, o proofesor Vincenç Navarro mostra con datos porqué as caixas de aforro son millores, social e económicamente, que a banca privada. Datos que contradicen o discurso dominante, exercido dende os mass media, que afirma que as caixas son ineficientes e por iso deben de ser privatizadas, xa que a xestión privada é millor. Mentiras interesadas que a brutal crise actual, orixinada precisamente no sector financieiro privado, desmonta de xeito demoledor. Non vos deixedes enganar, e apoiade e difundide estes datos, porque unha cidadanía consciente precisa de datos e verdades, e non de manipulación informativa.
A bancarización das caixas de aforro non é unha cuestión casual, nin está motivada pola crise. Responde a unha política consciente, pero oculta, do gran capital financieiro para facerse cos aforros de todos e todas, e usalos no casino financieiro e especulativo. Por iso, defender un sistema financieiro público e social, que exemplificaban as caixas pese as súas eivas e falta de democracia internas (promovidas por escuros intereses dentro e fóra das mesmas) e tamén traballar por un novo sistema económico que poña ás persoas por riba dos beneficios. Deixámosvos un artigo de fai anos, no que se advirte xa, moito antes da crise, das maniobras que se estaban a realizar para apoderarse das caixas, que son un codiciado botín.