No artigo que pegamos a continuación, un compañeiro da Plataforma polo Aforro Público plantexa unha alternativa á privatización das caixas: que o Concello ou Diputación cree outra nova.
¿Por qué?. Pois porque necesitamos unha institución financieira que sirva á sociedade, dando crédito a baixo prezo para manter a actividade económica, fomente o emprego, servicios sociais de calidade, e de un uso social ós nosos cartos, evitando que sexan destinados para alimentar a especulación financieira. Neste senso, unha caixa de aforros propia pode axudar a revertir a situación actual.
Pero obviamente, o que necesitamos é outro tipo de caixa. Unha das mentiras mais empregadas hoxe en día para privatizar as caixas é confundir o que foi un modelo de entidade financieira moi exitoso e que fixo moito ben coa xestión dos últimos anos. Esta foi penosa, antidemocrática, escura e chea de erros interesados, que temos que coñecer (de aí que tamén pidamos que se investigue a xestión das caixas, polas súas nefastas consecuencias). Pero isto non invalida o modelo das caixas, extendido por todo o mundo e que compre recuperar para a cidadanía, dun xeito adecuado: con mais democracia interna, con prácticas de negocio controladas pola cidadanía e que servan só a esta, con transparencia, e cuns xestores que se deban á finalidade social das caixas. Simplemente, ante a crise das caixas, apostamos polo contrario do que fixo o governo, incitado pola banca: en vez de acabar con elas e entregalas ó capital privado, apostamos por rexeneralas, e poñelas a traballar por un sistema económico mais democrático e xusto. E para iso, precisamos da túa axuda e apoio. Seguir lendo