¿A estas alturas, cómo non extrañarse?

Se as caixas foron convertidas en accionistas minoritarias de Novagalicia Banco, banco que seguramente sexa vendido a precio de saldo, ¿cómo non extrañarse de que a inversión en obra social das caixas  retroceda a niveis de fai 5 anos?. O sorprendente é que aínda exista ese gasto. Haberá que ver cómo o novo governo desenrola o proceso, pero xa temos algunha pista: preténdese crear un sistema financieiro mediante novas fusións, de xeito que acabemos con apenas uns bancos grandes e outros, secundarios mais pequenos. É dicir, que camiñamos cara un oligopolio financieiro, que teremos que sanear entre todos para que catro seguan a facer negocios, e no que non existirá unha banca pública, colectiva, ou cooperativa potente que dea crédito a economía, polo menos en moito tempo, xa que o sistema financieiro está técnicamente zombi. ¿Bonito, verdade?. Todo  para os banqueiros, nada para a xente. É por isto que necesitamos, mais que nunca, recuperar as caixas e un sistema financieiro público. ¡¡Vai  o noso futuro niso!!.

Seguir lendo

Advertisement

Un primeiro paso no camiño de facer xustiza… .

Hoxe a fiscalía anticorrupción ten anunciado que vai iniciar unha investigación acerca das vergoñentas indemnizacións ós directivos de Novacaixagalicia, así como sobre as causas da ridícula valorización que se fixo das caixas polo FROB. A investigación ven a raíz da denuncia dun membro do Consello de Administración, representante da CIG. Saludamos moi positivamente esta acción, e de feito estamos a traballar nunha similar. Pero consideramos que a cidadanía debe de esixir non só isto, senón coñecer completamente todas as circunstancias que rodearon a fusión e privatización das caixas. E por iso, tamén débese esixir unha auditoría social das caixas. E non só iso, senón que tamén debemos esixir o retorno do patrimonio das caixas, fundando unha banca pública con el, e a creación dun sistema financieiro social, ético e solidario, que sexa quen de poder servir de alternativa ó dominio do gran capital financieiro, que decide ata o punto de por e de quitar governos. Non estamos a falar dunha cuestión só económica ou xudicial, senón tamén política. ¡¡É a hora de avanzar e reclamar o noso!!. Seguir lendo