Excusatio non petita…

O antigo xestor da caixa Jose Luis Pego, promete colaborar coa fiscalía e defende a súa xestión. Isto soa a excusa e intento de salvar unha xestión que, no seu caso e doutros directivos da caixa, estivo chea de oscuridades e maniobras ocultas. ¿Cómo se non se explica o estado en que deixaron as caixas, absolutamente lamentable?. Compre non só iniciar as accións xudiciais polas súas indemnizacións e a valoración que o BdE fixo das caixas, como pedíu un membro da CIG á fiscalía, senón ir mais aló e abrir investigacións sobre a xestión das caixas durante todos estes anos, como pedimos dende a plataforma, nunha campaña de recollida de sinaturas que iniciamos onte. E tamén e necesario abrir un proceso de auditoría social, no que cidadáns e organizacións sociais poidan recibir completa información de toda a xestión das caixas durante a pasada burbulla inmobiliaria. Estamos seguros de que haberá sorpresas, e que “tirando da manta”, moitos quedarán coas vergoñas ó aire. Por iso, en breve tamén iniciaremos unha campaña para explicarlle a cidadanía a necesidade desta auditoría, de revisar toda a débeda das caixas, e de apoiar un completo exame da xestión das caixas. Paso previo para a creación doutro sistema financieiro, baseado na banca pública e en novas caixas locais éticas e solidarias. Iso non fixo mais que comezar, ¡¡agora tócalle a cidadanía alzar a súa voz!!. Seguir lendo

Advertisement