A bancarización das caixas de aforro é o que parece: un roubo

Neste artigo Juan Torres López describe e denuncia o roubo das caixas de aforro, sinalando ós culpables: o capital financieiro privado, banqueiros e especuladores, e os seus cómplices políticos. E anima a resistir, ¡¡e iso faremos!!. Ficade atentos ás novidades e iniciativas que imos lanzar dende a plataforma, apoiade e difundide.

Seguir lendo

Advertisement

As caixas de aforro, un codiciado botín

A bancarización das caixas de aforro non é unha cuestión casual, nin está motivada pola crise. Responde a unha política consciente, pero oculta, do gran capital financieiro para facerse cos aforros de todos e todas, e usalos no casino financieiro e especulativo. Por iso, defender un sistema financieiro público  e social, que exemplificaban as caixas pese as súas eivas e falta de democracia internas (promovidas por escuros intereses dentro e fóra das mesmas) e tamén traballar por un novo sistema económico que poña ás persoas por riba dos beneficios. Deixámosvos un artigo de fai anos, no que se advirte xa, moito antes da crise, das maniobras que se estaban a realizar para apoderarse das caixas, que son un codiciado botín.

Seguir lendo