E outra mais dos antigos xestores.

As novas acerca da mala xestión das caixas non deixan de saír, para vergoña duns cantos. Agora sabemos que o 30%  da Obra Social das Caixas foi invertido en ladrillo, é dicir, en fomentar unha burbulla que ó estourar esnaquizou a economía, e que impedíu o desenrolo dun tecido productivo forte e innovador. Dato que hai que engadir a unha xestión escura e chea de dúbidas, que só agora comeza a ser denunciada.

Isto non é novo. Durante anos, as caixas foron convertidas pouco a pouco en entidades cada vez mais parecidas ós bancos nas súas prácticas e negocios, primando a especulación bursátil por riba da inversión productiva. A ideoloxía neoliberal que dominou a política neste país dende os 90, fomentada polos intereses da banca, fixo que políticos e xestores das caixas, salvo excepcións, fornecesen unha serie de cambios lexislativos e organizativos que supoñan unha primeira bancarización das caixas, centrada nas súas prácticas de  negocio. De feito, seguindo nesta liña, e tal e como temos denunciado sen descanso, isto foi o inicio dunha ofensiva por privatizar as caixas, que culminou nesta crise, onde os mesmos políticos, banqueiros e paniaguados aproveitáronse dos problemas das caixas para vendernos que a única alternativa era bancarizalas por completo. Algo que non é certo, pero que como discurso servíu para convencer á cidadanía de que non había alternativa ó roubo das caixas polo capital privado.

Seguir lendo

Advertisement

Excusatio non petita…

O antigo xestor da caixa Jose Luis Pego, promete colaborar coa fiscalía e defende a súa xestión. Isto soa a excusa e intento de salvar unha xestión que, no seu caso e doutros directivos da caixa, estivo chea de oscuridades e maniobras ocultas. ¿Cómo se non se explica o estado en que deixaron as caixas, absolutamente lamentable?. Compre non só iniciar as accións xudiciais polas súas indemnizacións e a valoración que o BdE fixo das caixas, como pedíu un membro da CIG á fiscalía, senón ir mais aló e abrir investigacións sobre a xestión das caixas durante todos estes anos, como pedimos dende a plataforma, nunha campaña de recollida de sinaturas que iniciamos onte. E tamén e necesario abrir un proceso de auditoría social, no que cidadáns e organizacións sociais poidan recibir completa información de toda a xestión das caixas durante a pasada burbulla inmobiliaria. Estamos seguros de que haberá sorpresas, e que “tirando da manta”, moitos quedarán coas vergoñas ó aire. Por iso, en breve tamén iniciaremos unha campaña para explicarlle a cidadanía a necesidade desta auditoría, de revisar toda a débeda das caixas, e de apoiar un completo exame da xestión das caixas. Paso previo para a creación doutro sistema financieiro, baseado na banca pública e en novas caixas locais éticas e solidarias. Iso non fixo mais que comezar, ¡¡agora tócalle a cidadanía alzar a súa voz!!. Seguir lendo