Zoe Konstantopoulou: NON aos ultimato, NON ao memorando da servidume

pancarta

http://cadtm.org/Zoe-Konstantopoulou-NO-a-los

http://auditoriaciudadana.net/tag/pacd/

http://www.auditamosgrecia.org/es/

O discurso pronunciado a mañá do 11 de xullo de 2015 por ZoeKonstantopoulou, presidente do Parlamento grego, sobre a proposta do goberno aos acredores:

Señoras e señores, estimados colegas,

En momentos como estes, debemos actuar e falar con sinceridade institucional e coraxe política. Debemos asumir a responsabilidade que recae en todos e cada un de nós.

Debemos defender, de acordo aos ditados da nosa conciencia, as causas xustas e os dereitos sagrados, inviolables e non negociables do noso pobo e da nosa sociedade. Debemos protexer o legado daqueles que deron as súas vidas e a súa liberdade para que hoxe poidamos vivir como persoas libres. Debemos preservar a herdanza das novas xeracións e das futuras, así como a da civilización humana. Tamén debemos preservar eses valores irrenunciables que definen e alentan a nosa existencia persoal e colectiva.

Como elixe e decide actuar cada persoa pode variar e ninguén ten o dereito de trivializar as decisións que toman a partir dun xuízo persoal e existencial, para denigralas ou explotalas politicamente.

Todos e cada un de nós somos xulgados e seremos xulgados polas nosas actitudes e as nosas decisións, por noso si e por noso non, polas nosas accións e omisións, pola nosa coherencia e as nosas resistencias, pola nosa abnegación e xenerosidade.

Dende hai cinco meses, o Goberno, tendo á esquerda como a súa corrente principal e coas forzas anti-memorandos no seu núcleo, estivo a librar unha batalla desigual en condicións de asfixia e chantaxe, contra unha Europa que traizoou os seus principios fundacionais, o benestar dos seus pobos e sociedades. Dentro dunha Europa que utiliza a moeda común, o euro, non como un medio para alcanzar o benestar social, senón como unha panca e unha ferramenta para a coerción e a humillación dos pobos rebeldes e os seus líderes. Dentro dunha Europa que se está a transformar nunha prisión de pesadelo para os seus pobos, a pesar de que foi construída para ser un fogar común e hospitalario.

O pobo grego confiou a este Goberno a gran causa da súa liberación das cadeas do Memorando, da vixilancia e supervisión imposta á sociedade baixo o pretexto da débeda. Esa débeda ilegal, ilexítima, odiosa e insostible, cuxa natureza, como se demostra nos resultados preliminares do Comité para a Verdade sobre a Débeda Pública, xa era coñecida polos acredores dende 2010.
Esa débeda que non xurdiu como un fenómeno meteorolóxico, senón que foi creada polos gobernos anteriores a través da corrupción na contratación, os subornos, cláusulas leoninas, e tipos de interese astronómicos, todo en beneficio dos bancos e das empresas estranxeiras.

Unha débeda que a Troika, xunto cos gobernos gregos anteriores, converteu en forma fraudulenta de débeda privada a pública, rescatando aos bancos privados franceses e alemáns, así como aos gregos, condenado ao pobo grego a vivir en condicións de crise humanitaria. E ademais, utilizou aos órganos da corrupción mediática para aterrorizar e enganar á cidadanía.

Esa débeda nin se creou nin se incrementou polo pobo ou polo Goberno actual. Durante cinco anos utilizouse como unha ferramenta para escravizar a xente, polas forzas que operan en Europa baixo as regras do totalitarismo económico.
No desprezo á moral e ao dereito, Alemaña aínda non pagou as súas débedas (N.de T.: correspondente á ocupación alemá) á pequena Grecia da época da resistencia, da que a historia recoñece o seu heroísmo. Esas débedas superan o valor da actual débeda pública grega. Segundo os cálculos moderados da Comisión do Tribunal de Contas creada polo goberno precedente, a débeda de Alemaña representa uns 340.000 millóns de euros, mentres que a pretendida débeda pública actual de Grecia se estima en 325.000 millóns de euros.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Alemaña gozou da maior condonación da débeda da historia, para permitirlle volver empezar de cero. Isto fíxose coa xenerosa colaboración de Grecia. Non obstante, agora Alemaña protexeu os responsables de actos de corrupción cos gobernos gregos anteriores e os seus partidos políticos, como é o caso de Siemens, e lles deu protección evitándolles enfrontarse á xustiza grega.

Non obstante, Alemaña estase a comportar coma se a historia e o pobo grego estivesen en débeda con ela, coma se quixese tomar unha revancha histórica polas súas propias atrocidades. Alemaña está a aplicar e impón unha política que constitúe un crime, non só contra o pobo grego, senón un crime contra a humanidade. No sentido penal do termo xa que se trata dunha agresión sistemática e de grande envergadura contra unha poboación co obxectivo ben premeditado de lograr a súa destrución parcial ou total.
E, por desgracia, os gobernos e as institucións que deberían cumprir coas súas responsabilidades, e estar á altura do momento histórico, volvéronse cómplices desta agresión.

Señoras e señores, estimados colegas,

Someter ao pobo e ao goberno en condicións de asfixia e baixo a ameaza dunha quebra caótica, pola creación artificial e premeditada dunhas condicións de catástrofe humanitaria, constitúe unha violación directa de todos os tratados internacionais de protección dos dereitos humanos, incluída a Carta das Nacións Unidas, os tratados europeos, e mesmo os estatutos do Tribunal Penal Internacional.
A chantaxe non é unha fatalidade. E a creación e a implantación de condicións cuxo obxectivo é suprimir o libre arbitrio, non permite a ninguén falar da liberdade de «elección».
Os prestamistas están a chantaxear o goberno. Eles están a actuar de xeito fraudulento, xa que saben dende 2010 que esta débeda é insostible. Están a actuar conscientemente, xa que nas súas declaracións anticipan a necesidade de conceder unha axuda humanitaria a Grecia. Unha axuda humanitaria para que? Para un desastre natural inesperado e accidental? Por un terremoto imprevisto, unha inundación, un incendio?

Non. Unha axuda humanitaria que é a consecuencia dunha elección consciente e calculada para privar ao pobo dos seus medios de subsistencia, pechando a billa da liquidez en represalia pola decisión democrática do goberno e do parlamento de chamar a un referendo e deixar ás persoas decidir o seu propio futuro.

O pobo grego honrou ao Goberno que confiou nel, e ao Parlamento que lles permitiu o dereito a tomar as súas vidas e os seus destinos nas súas propias mans. Con valentía e orgullo dixo No.

NON á chantaxe

NON a ningún ultimato

NON aos Memorandos de servidume

NON ao pagamento dunha débeda que o pobo non creou e da que non é responsable

NON ás novas medidas de miseria e submisión

Os prestamistas insistiron obstinadamente na transformación dese NON nun SE, coa complicidade pérfida daqueles responsables dos memorandos e que se beneficiaron deles, dos que crearon a débeda.

Este NON do pobo transcéndenos a todos e obríganos a defender o seu dereito a loitar polas súas vidas, loitar para non vivir unha media vida ou unha vida de xeonllos. Para estar orgullosos do que legamos ás xeracións seguintes e á humanidade.

Hoxe o Goberno está a ser chantaxeado para que do seu consentimento ás condicións que non lle representan, que non proveñen del, e que combate. O Primeiro Ministro falou con honestidade, valentía, coraxe e abnegación. El é o Primeiro Ministro máis novo que houbo en Grecia e loitou como ningún dos seus predecesores polos dereitos democráticos e sociais das persoas e das xeracións máis novas, que representou e representa a nosa xeración, e dános esperanzas. Eu hónroo e honrareino sempre pola súa firmeza e as súas opcións. E ao mesmo tempo, considero que é a miña responsabilidade institucional, como presidenta do Parlamento, non pechar os ollos e non finxir que non entendo a chantaxe. Eu nunca poderei votar e lexitimar o contido deste acordo. Creo que o mesmo vale e valerá para o Primeiro Ministro, quen hoxe é chantaxeado cunha arma que ameaza a supervivencia do seu pobo. Creo que o mesmo vale para o Goberno e para os grupos parlamentarios que o apoian.

Vou asumir a miña responsabilidade vinculante coa historia desta institución dicindo «presente», no debate e a votación de hoxe. Creo que deste xeito me fago máis útil á xente, ao Goberno e ao Primeiro Ministro, ás xeracións futuras e ás sociedades europeas, ao expoñer publicamente as verdadeiras condicións nas que o Parlamento grego debe tomar decisións, rexeitando a chantaxe, de acordo ao parágrafo 4 do artigo 120 da Constitución.

O pobo grego é o segundo en sufrir esta forma de guerra na zona euro, precedido por Chipre en marzo de 2013. Este intento de impoñer medidas rexeitadas polo pobo nun referendo, mediante a chantaxe dos bancos pechados e a ameaza de quebra, constitúe unha violación brutal da Constitución grega e priva o Parlamento da autoridade que lle outorga esa mesma Constitución.

Toda persoa ten o dereito e a obriga de resistir. Non hai resistencia na historia que fose doada. Pero pedimos o voto e a confianza do pobo para afrontar as dificultades, e é fronte a estas dificultades que agora debemos saír adiante. E sen temores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s