A plataforma polo aforro público mobiliza aos galegos o 9 de febreiro

Baixo o lema “por unha banca pública” o colectivo concentrarase en múltiples localidades galegas o xoves polo serán fronte ás sedes de NGB, símbolo da bancarización das caixas que denuncian.

O próximo xoves 9 de febreiro o colectivo fai un chamamento cidadán cunha concentración en localidades como Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Lugo, Coruña ou Ourense entre as 17.00 e as 19.00 do serán. Os diversos grupos protestarán fronte ás sedes de NGB, que simbolizan a “mala xestión das caixas, o proceso de bancarización e nacionalización das caixas, o fin da obra social, as indemnizacións millonarias dos directivos que  mal xestionaron as entidades financeiras…”.

A Plataforma está a recoller sinaturas para pedir á Fiscalía que actúe de oficio contra as caixas por administración deseal, polo que a concentración deste xoves non é máis que un primeiro acto de protesta dentro do seu proxecto que conta entre os seus obxetivos: esta recollida de sinaturas, facer unha auditoría popular da xestión das Caixas que permita sanear as contas, esixir un sistema financeiro público, nacionalización de Novagalicia Banco e a recuperación das caixas de aforros con obxectivos éticos e sociais, como a divulgación das entidades financieras alternativas cun sentido social, como as cooperativas de crédito ou a banca ética.

A Plataforma Polo Aforro Público está integrado polos seguintes movementos cidadáns: Foro de Asembleas Galegas do 15M, ATTAC Xustiza Económica Global, Mesa pola converxencia, e Democracia Real Xa.

VIGO: 17.00 h No cruce dos 4 bancos, enfronte da porta principal de NGB R/ Colón

PONTEVEDRA: 19.00 h Na praza de San Xosé fronte ao antigo centro social de Caixanova.

SANTIAGO: 17.00 h Na Praza de Galicia fronte a sede de Caixa Galicia.

LUGO: 18.30 h Praza Maior perante o edificio da “Fundación Caixagalicia”.

OURENSE: Fronte a sede central de NovaGaliciaBanco. Rúa Juan XXIII 31 de17.00 a19.00 h

FERROL: 17:30 h na rúa Galiano, onda a oficina central da Novacaixagaliciabanco

CORUÑA: 17.00 en San Andres con Rua Nova. Antigua Caixa Galicia

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s