Crónica dunha morte anunciada

Esta semana espertámonos coa nova, non por esperada por nós menos impactante: Novagalicia Banco entra en perdas, e agora ser mercada nunha puxa é a primeira opción. Dende a Plataforma polo Aforro Público vimos vaticinando que o futuro das caixas bancarizadas non é mais que este: ser absorbidos pola gran banca privada, nunha operación que é de onte, senón que era xa un vello proxecto, anterior á crise.

Por qué sucede isto?. Varios son os factores, como tamén vimos apuntando neste blogue. En primeiro lugar, as caixas de aforro foron vaciados do seu sentido social e democrático orixinal, asimilándo o seu negocio ó bancario, e meténdose na aventura especulativa do ladrillo, cando a súa función tería que ser a de promover o desenrolo local mediante servizos financieiros “brandos” e con vocación social. Pero non é así, senón que, por exemplo, Caixagalicia meteuse de cheo na aventura de El Pocero en Seseña, ou mesmo mercou presas no Perú. ¿Quén aprobou aventuras dese estilo, agora ruinosas?. Sen dúbida, os antigos xestores teñen moito que respostar, e por iso promovemos que se investigue o tema a fundo, porque temos dereito a saber como foi a súa xestión, e a pedir responsabilidades.

Pero non todo é achacable ós xestores. Se as caixas fixeron o que fixeron, foi tamén porque os reguladores e lexisladores (Banco de España, e governos de distinto signo) permitiron, mediante unha desregulación financeira total, que o negocio bancario fose pouco a pouco deixando de lado o crédito á economía produtiva, para adicarse a buscar réditos de altísimo nivel, peo moi perigosos, na especulación. O negocio era tal, que as caixas tiveron que entrar tamén nel  para non quedar orilladas pola predación financeira. E tamén, seguramente, foron metidas neste negocio como un primer xeito de ir bancarizando o seu funcionamento. Esta estratexia resposta ó vello soño da patronal bancaria de facerse coas caixas, soño que foi  promovido activamente polo Banco de España e os governos español e galego. As caixas, en gran parte, foron bancarizadas porque así interesaba.

De feito, coa crise financeira atopouse a excusa final para privatizalas de todo. Estando como estaban mal, aínda que non peor que os bancos, enganouse á opinión pública dicindo que a única alternativa era sanealas con cartos públicos e convertilas en bancos. Isto non é certo. E para demostralo, e para saber a verdade,  promovemos unha auditoría social do balance das caixas, para dilucidar de onde ven, e quen creou, a débeda que as fixo arruinarse.

Por último, as caixas, e en xeral un sistema financiero público, son imprescindibles para saír da crise en positivo, e protexer a nosa democracia das forzas escuras do sector financeiro que están a ameazala. É preciso recuperar a soberanía económica, comezando pola financiera. E para iso, non queda mais que facer unha banca pública, que pode saír da nacionalización das caixas, ou crear outras novas. É posible, xa foi feito, só resta vontade política. Vontade que queremos crear dende abaixo, con perseverancia e empeño. E coa vosa axuda!!.

Advertisement

Unha opinión sobre “Crónica dunha morte anunciada

  1. En relación coa venda de NOVA GALICIA BANCO, anunciada fai uns días, quixese saber se se pode consultar con algún avogado a posibilidade de plantexar un INTERDICTO ante un xuez que detivese dita operación, xa que existen evidentes indicios de estafa aos clientes das Caixas, ademais de que o devandito tema está a ser investigado pola FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN.

    Outra posibilidade sería pedir a aplicación da Lei Concursal (antiga Suspensión de Pagos, por bancarrota), para que os clientes, como principais acredores tivesen voz e voto respecto de como resolver a “Crise” das Caixas, que xa se sabía que convertelas en bancos nunca sería a solución.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s